RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Horarios 9ª, 10ª, 11ª e 12ª xornadas Primera RFEF Footters para o Dépor

A RFEF fixo públicos esta tarde os horarios da 9ª, 10ª, 11ª e 12ª xornadas da Primera RFEF Footters que se disputarán entre mediados de outubro e de novembro.

Na 9ª xornada, o Dépor visitará ao Racing de Santander. Será o domingo 24 de outubro ao mediodía, retransmitido por Footters desde o Estadio do Sardinero da capital cántabra.

O Dépor volverá xogar en ABANCA-RIAZOR na 10ª, estreándose nas xornadas dos sábados ás 17:00 h., o 30 de outubro ante o Zamora CF, tamén coas cámaras de Footters como testemuña.

Os dous seguintes encontros, tamén emitidos por Footters, terán lugar en domingo. Primeiro, con motivo da 11ª xornada, o Dépor visitará Logroño por primeira vez esta temporada para enfrontarse á UD Logroñes (7 de novembro ás 17:00 h.). Unha semana despois, o 14 de novembro ás 12:00 h., o Dépor recibirá en ABANCA-RIAZOR ao Extremadura UD.

Este é o calendario de partidos confirmados do Dépor 2021-2022:

Xornada 6: viernes 1 de outubro, 21:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-SD Logroñés

Xornada 7: sábado 9 de outubro, 17:00 h. Stadium Gal (Footters), Real Unión Club de Irún-Dépor

Xornada 8: sábado 16 de outubro, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-UD San Sebastián de los Reyes

Xornada 9: domingo 24 de outubro, 12:00 h. El Sardinero (Footters), R Racing Club-Dépor

Xornada 10: sábado 30 de outubro, 17:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-Zamora CF

Xornada 11: domingo 7 de novembro, 17:00 h. Las Gaunas (Footters), UD Logroñés-Dépor

Xornada 12: domingo 14 de novembro, 12:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-Extremadura UD