RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Cando subo as escaleiras e ves ABANCA-RIAZOR, é imposible non emocionarse porque temos unha afección doutro mundo

Imanol Idiakez confesou que "nos emocionamos ao saír ao campo. Cando subo as escaleiras e ves ABANCA-RIAZOR, é imposible non emocionarse porque temos unha afección que é doutro mundo. Estamos moi contentos de que podamos darlles alegrías e moi agradecidos pola calor que nos dan, por como nos acompañan nos momentos bos como este e os menos bos porque sempre estiveron aí. É un luxo #ANOSAFORZA".

Cre que se viviu en ABANCA-RIAZOR "un bo partido. Sabiamos a idea da Cultural. Tiñamos claro que eles nos ían a tentar pelexarnos a pelota e en contra da maioría dos días hoxe tivémola menos que o rival pero fixemos un bo partido. A pesar da lesión tan rápida de Hugo que sempre che trastorna, o equipo fixo 2 goles e tivemos outras 3 ou 4 claras para poder sentenciar antes. Un gran traballo colectivo. Estes días non son nada fáciles. Tes que gañar e outra vez o equipo demostrou personalidade, moita concentración, estivemos moi no partido, concedemos moi pouco á Cultural a pesar do ben que xogan e as cousas que fixeron".

Mostrouse "moi contento pola xente que saíu do banco, polos goles, por moitas cousas. Hoxe só houbo boas noticias".

Preguntado por Lucas Pérez, de novo goleador, o técnico deportivista opina que "hoxe fixo probablemente o mellor partido desde que estou aquí. O gol foi soberbio, un gol doutro nivel; pero fixo moitísimas máis cousas, deixou un par de veces aos seus compañeiros diante do porteiro, veu a xogar preto dos medioscentros, quedouse balóns... Fixo un partido extraordinario despois dun mes fóra e non é fácil. Iso fala da implicación que ten Lucas con este equipo".

Finalmente sobre Hugo Rama, que se retirou cunha molestia na pantorrilla esquerda, explicou que "tivera unhas molestias esta semana. Criamos que estaba ben pero enseguida molestoulle e tiña que saír".

Pola súa banda, Raúl Llona, adestrador da Cultural Leonesa, afirmou que "tiñamos moita ilusión no partido porque viñamos nestes partidos cunha liña bastante ascendente, con moita confianza e crendo no que estabamos a facer. A saída do equipo foi realmente boa, con esa primeira ocasión que se nos foi fóra. Encaixamos o gol deles pero aínda así, o equipo seguiu facendo o plan de partido que traiamos".

Indicou que "no primeiro tempo dominamos e faltounos un pouquiño máis de presenza ou acerto no último pase, o cal impediu que puidésemos ter algunha ocasión máis clara. No segundo tempo o Dépor pechou mellor, replegouse e custounos interpretar máis ese xogo de dobre altura por fóra. Concedemos 2 ou 3 transicións que foron bastante claras para eles produto do querer ir cara a adiante a empatar o partido. Nesa dirección estou contento co que se viu do equipo se é que se pode estar contento despois de perder 2-0".