Imanol Idiakez cre que a vitoria no Anxo Carro de Lugo foi "de mérito. Co 0-3 podemos caer no erro de pensar que non tivemos rival pero tivemos un bo rival enfronte que nos obrigou a facer as cousas moi ben. A semana pasada comentamos que o equipo merecera máis e hoxe tivemos o premio que a semana pasada non tivemos".
Márchase de Lugo "contento polo traballo de todos. Fixemos un partido completo nun campo e ante un rival moi complicado. Non vai ser nada fácil sacar cousas de aquí seguro. Foi un partido para irnos satisfeitos".
O técnico deportivista subliña o traballo "dos centrais e os medioscentros; e dos laterais. Fomos capaces de impornos a pesar da dificultade".
No entanto, matiza que "hoxe destacar a algún é difícil. Todos estiveron a moi bo nivel. Foron goles moi bos: o de Barbero foi de pillo con Villares nunha acción rápida; o de David Mella é o que é el, velocidade e terminou fenomenal; e Jose Ángel un gol de moita calidade, ás toas na área. Temos calidade. O outro día tivemos 10, 12 ocasións e non metemos ningunha. E hoxe con algunha menos metemos 3. Estamos contentos".
Queda "coa valentía da liña de atrás, dos centrais. Xogamos moi altos. Empezamos o partido cun duelo que perdemos e recuperou Pablo Vázquez un balón nunha carreira ás costas. Fomos capaces de xogar moitos minutos con moitos metros detrás e para os centrais non é fácil. É unha boa noticia que sexamos capaces de asumir ese tipo de duelos e de xogar tan altos".
Lembra tamén que "é unha boa noticia dous partidos coa porta a cero. Queremos chegar ao mellor nivel que podamos, á excelencia. E iso pasa por ser un equipo defensivamente difícil".
A chegada das últimas fichaxes (Pablo Muñoz e Hugo Rama) dan ao entrenador deportivista "moitas posibilidades. Os dous partidos xogamos con Lucas máis Barbero, Davo e Yeremay. Hoxe sacamos a Hugo Rama, metemos 3 por dentro. Pablo Muñoz tamén é un xogador de dentro, dinámico. Temos un moi bo cadro. Estou moi contento co mercado e nese aspecto, a pelexar polo obxectivo".
Finalmente, Imanol Idiakez explica que Yeremay foi substituído na segunda metade por "un golpe que tivo no xemelgo".