RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Estamos en débeda con ANOSAFORZA

Imanol Idiakez asegurou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, após o empate ante Osasuna B, que "estamos en débeda con #ANOSAFORZA. Sabemos cal é o obxectivo; a afección que temos, que é unha barbaridade, outra vez, outro ano récord de socios, como veñen, como nos animan... Entendemos perfectamente que non estean contentos e nós tampouco o estamos. Non queda outra que porse a currar e darlle a volta a esta situación. Entendemos perfectamente o enfado de #ANOSAFORZA".

Apunta que á bancada "témoslle que dar nós. É inmaculada, espectacular. Non creo que haxa outra mellor. Entendemos perfectamente o lugar no que estamos, un club cunha afección de Primera División e nós estamos en Primera RFEF e non estamos a cumprir os obxectivos. É normal que estean enfadados e nós tamén o estamos pero temos que seguir. Estamos en novembro, aquí non se resolveu nada nin para ben nin para mal. Estamos na metade do camiño. Recoñecemos que nos pasaron moitísimas cousas nas xornadas que levamos".

O adestrador branquiazul destaca de hoxe ante Osasuna B "a boa noticia de que volveu Yeremay, que é moi importante para o equipo. O pouquiño intre que estivo no campo puido demostrar a súa calidade".

Advirte, iso si, que "en 20 minutos houbo un momento que non tiña aire, que se tivo que parar. Houbo un duelo ao bordo da área que non meteu a perna porque tiña un pouco de medo como é normal despois dunha lesión tan grave. É unha boa noticia. A semana que vén estará mellor. Imos necesitar uns cuantos partidos para velo ao seu mellor nivel pero a pesar diso é un xogador determinante para nós".

Do partido, Imanol Idiakez comenta que "se nos puxo moi complicado co gol axiña. Fixemos un bo gol antes do descanso para empatar e na segunda parte foi un querer e non atopar. Tivemos moitísimas chegadas. O seu porteiro fixo dúas paradas espectaculares, unha a Pablo Vázquez e outra a Paris, un tiro de Jose Ángel que ía a dentro, dous ou tres situacións de Lucas con Martín Ochoa na área... Non fomos capaces de facer o segundo. Estamos desilusionados porque queriamos os 3 puntos pero no aspecto de traballo o equipo baleirouse aínda que nos está faltando o gol, que no fútbol é o máis importante".

Pola súa banda, Santi Castillejo, adestrador do Osasuna B, manifestou que "viñamos a un campo moi complicado. Fixemos unha primeira parte bastante correcta. Adiantámonos. É verdade que o empate antes do descanso podíanos crear incerteza pero aguantamos ben o tipo, os rapaces non perderon a cabeza".

A segunda parte, segundo o preparador rojillo, "foi de sufrimento, con algunha contra que non terminamos ben. O noso porteiro sacou dous pero para puntuar nun campo destes hai que estar moi acertado. Estou contento co traballo porque para eles é un crecemento importante".