RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Imos crecendo en cada partido", opina o goleador José Lara

José Lara pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR despois de anotar o gol do triunfo ante o Coruxo FC, na 4ª xornada no subgrupo A do Grupo 1º de Segunda División B.

O atacante deportivista apunta que "o equipo empezou como sempre empeza, con esas ganas. En certos momentos do partido eles tiveron a posesión pero soubemos axustar máis que noutros partidos. Por momentos tivemos a confianza de enlazar pases entre nós que é o que nos faltou noutros partidos anteriores. Fomos crecendo no encontro e chegou o meu primeiro gol. Estou moi contento de logralo pero por suposto da vitoria".

Indicou que "houbo momentos no partido nos que eles dominaron pero nós soubemos estar ordenados. O que estamos a adestrar cada día na Cidade Deportiva hoxe viuse reflectido, ese traballo por liñas que o míster está a facer. Imos crecendo en cada partido".

A nivel persoal, ademais do gol anotado, confesa que "o que máis me axuda é ter esa confianza ou sentila que o equipo vai a máis. Para min é o que me encheu de enerxía para facer contras e xogar onde son forte en ataque".