RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira e Portugal empataron ante a República Checa no partido de ida do play off final para o Europeo

-Foto:UEFAcom_pt

 

Inês Pereira enfrontouse hoxe venres 29 de novembro á República Checa no partido de ida do play off final de clasificación para o Campionato de Europa 2025.

O encontro xogouse no Estadio do Dragao no Porto e bateuse unha marca de espectadores nun partido de fútbol feminino, cun total de 40.189.

A gardameta do Dépor ABANCA xogou completo un choque que concluíu en igualada (1-1).

Adiantáronse as checas no marcador no minuto 33 e empatou Francisca Nazareth no 47.

Así pois, a clasificación para o Campionato de Europa de 2025 decidirase este martes 3 de decembro ás 17:45 no AGC Area de Teplice.

Na Rolda 1, Inês Pereira e as súas compañeiras eliminaron a Azerbaiján.

O calendario de partidos de Portugal, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 29 de novembro
PORTUGAL 1 - REPÚBLICA CHECA 1

Martes 3 de decembro
17:45: REPÚBLICA CHECA - PORTUGAL, no AGC Area de Teplice

Finalizado este partido, Inês Pereira regresará á Coruña para incorporarse de novo ao cadro deportivista.