RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Inês Pereira: Na Coruña co Dépor sente moito o fútbol e é algo que eu sentín en ABANCA-RIAZOR

A xogadora do Dépor ABANCA Inês Pereira confesou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "cando cheguei dixéronme que xogar en ABANCA-RIAZOR ía ser unha experiencia única na vida. E é verdade. Na Coruña co Dépor sente moito o fútbol e é algo que eu sentín en ABANCA-RIAZOR. Xoguei en moitos estadios pero ABANCA-RIAZOR é unha experiencia diferente".

De feito, cre que "ningún club na Liga F vai facer o que o Dépor vai facer, que é pór ao equipo feminino no estadio do equipo masculino. Agora cada vez máis vemos aos equipos femininos nos estadios. Vai ser moi importante para nós e a #ANOSAFORZA pídolle que veña a todos os partidos porque o van a gozar e imos sorrir moitas veces xuntos".

Nesta liña, desvela que "o fútbol aquí (na Coruña) é diferente. Son unha amante do fútbol e estou no sitio idóneo para gozar do fútbol, do país e do Dépor".

Asegura que estas semanas de pretemporada "están a ser moi boas. Sempre é difícil chegar a un equipo con moita xogadora do ano pasado pero todas as mozas recibíronme moi ben. Estou moi feliz aquí no Dépor ABANCA".

A nova gardameta deportivista márcase como obxectivo individual "mellorar cada día e axudar ás miñas compañeiras"; e a nivel colectivo "facer o mellor que podamos e traballar todos os días para mañá estar mellor que hoxe e hoxe mellor que onte".

Precisamente ve moita competencia na portería branquiazul: "Son porteiras de calidade (Yohana, Martina Rivas e Antía Veiga). E iso fai máis difícil aos adestradores ao final de semana decidir quen xoga. Para nós tamén é importante porque se as nosas compañeiras traballan ao máximo nós imos traballar sempre ao máximo. Estou moi feliz polas compañeiras especialmente polas porteiras, que acabamos sendo unha mini familia dentro dunha familia".

Defínese como unha gardameta á que "lle gusta bastante o xogo de pés. E agora é traballar niso e conseguir axudar ao equipo o máximo posible".

Finalmente vaticina unha Liga F "moi complicada pero imos dar o noso mellor nivel. Empecemos co FC Barcelona, Real Madrid ou Atleti imos dar o noso mellor nivel. Só queremos que empece para demostrar o noso talento e para dar a imaxe que o Dépor ABANCA veu á Liga F para quedar".