RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira xa está ás ordes de Fran Alonso

Se onte martes 8 de abril Ainhoa Marín foi a primeira das internacionais en traballar en Abegondo co Dépor ABANCA após o seu paso pola selección española sub-23, a quenda foi esta mañá para Inês Pereira.

A internacional portuguesa xa está ás ordes de Fran Alonso de cara ao encontro deste sábado 12 de abril ás 16:30 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Levante Badalona (Dazn), correspondente á 25ª xornada da Liga F.

Inês Pereira non tivo minutos no partido de onte de Portugal ante España en ABANCA-Balaídos pero si xogou completo o encontro entre estas dúas seleccións o venres 4 de abril en Paços de Ferreira.

Mañá xoves 10 de abril está previsto que se incorporen, após unha longa viaxe de regreso á Coruña, Patrícia Hmirová, Michi Apóstolo e Francisca Lara, que apenas terán 2 sesións de traballo co grupo antes do choque ante as catalás.