RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Intensa semana de adestramento para o Dépor Genuine con amigable este sábado en Abegondo ante o Celta Integra

FUNDACIÓN · 12 MARZO 2025

INTENSA SEMANA DE ADESTRAMENTO PARA O DÉPOR GENUINE CON AMIGABLE ESTE SÁBADO EN ABEGONDO ANTE O CELTA INTEGRA

O Dépor Genuine atópase inmerso nunha intensa semana de adestramento previa á súa participación na terceira sede de LaLiga Genuine que terá lugar en Abegondo a próxima fin de semana.Así onte, o equipo deportivista adestrouse na Cidade Deportiva de La Torre cos Veteranos do RC Deportivo (na foto da noticia).Ademais, o Dépor Genuine e o Celta Integra ven as caras este sábado 15 de marzo en Abegondo nun amigable que arrincará ás 9:45 horas.Será o preámbulo a dúas novas xornadas desta liga de fútbol pioneira no mundo para persoas con discapacidade intelectual posta en marcha por LALIGA; nunha demostración de que o fútbol é unha ferramenta de transformación social, na que a diversidade e a inclusión marcarán o rumbo dunha competición única no mundo.