RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Intensa sesión de traballo táctico no campo 3 para Os Nosos pensando todos na Cultu

Os Nosos tiveron esta mañá unha intensa xornada de traballo táctico no campo 3 da Cidade Deportiva de cara ao encontro deste sábado 20 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) ante a Cultural Leonesa.

"Estamos todos pensando na Cultu", subliñou Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, no acto da renovación de Yeremay. "Estamos moi centrados", insiste o máximo responsable da parcela deportiva do Club.

A xornada arrincou na sala de vídeo antes de pasar no céspede a uns xogos e rondos.

Imanol Idiakez tivo a todo o seu cadro á súa disposición salvo Ximo Navarro, que está con traballo personalizado.

Pola súa banda, Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas, con almorzo xa na instalación a partir das 8.30 horas.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK