RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Chegamos preparadas e cunha ilusión tremenda por pasar de rolda"

Irene Ferreras compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a modo de previa á terceira rolda de Copa de la Reina fronte ao Real Betis Féminas de mañá martes 5 de novembro ás 20:00 horas (Teledeporte). A adestradora cualifica a rolda como "diferente ás dúas previas", é un encontro de Primera División, e "esíxenos o noso máximo para pasar". Encara a rolda centrada e opina que "chegamos preparadas e cunha ilusión tremenda por pasar".

No apartado anímico, Ferreras considera que o equipo está centrado, "tivemos tempo para preparar ben o partido, a diferenza do Betis", que si liga esta fin de semana. Pensa que pode ser o momento de facer rotacións e "poder descubrir xogadoras que están a traballar moi ben".

A míster valora o rival como "parecido a nós" e centra as claves en ter acerto. Ademais, Irene aproveita para apuntar que "quedamos coa espiña de gañar fronte a elas en liga". Subliña que estes partidos son bos para facer rotacións: "É unha bonita oportunidade para que o equipo mellore a súa competitividade interna".

No referente a volver xogar en Abegondo, Irene Ferreras sente "arroupada" ao "construír un clima moi bonito". A pesar de un "horario complicado", a técnica de As Nosas confía en #ANOSAFORZA e en que haberá un gran ambiente: "Acollémolo moi positivamente e canta máis xente haxa, mellor".