Irene Ferreras: "Debemos ter a humildade suficiente para competir de igual maneira fronte ao FC Barcelona e fronte ao Atlético Villalonga"
Irene Ferreras presentouse positiva na súa comparecencia desta mañá na sala de prensa de Abegondo, con respecto á súa estrea na liga F fronte ao FC Barcelona: "Serviunos para reforzarnos, as sensacións foron boas. Agora toca pensar no partido de Copa".
Con respecto ao primeiro enfrontamento copeiro, a adestradora das Nosas opina que "ten a súa dificultade" xa que é un partido entre semana e dá lugar a pouco tempo de preparación e recuperación. Ferreras engade que "o seu campo é máis estreito" e que terán que "estar moi concentradas para ser precisas". Opina que deben ir con ambición pero, sobre todo "debemos ter a humildade suficiente para competir de igual maneira fronte ao FC Barcelona e fronte ao Atlético Villalonga".
A nivel de cadro, Irene recalca quere "sacar un equipo o máis competitivo posible, porque para nós este pase é moi importante". A pesar de todos os condicionantes, a míster mantense sobria e subliña que "hai que ir alí a facer un bo partido, sen escusas. Non se pode pensar que con só chegar imos gañar".