RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Irene Ferreras: Está moi ben empezar con bos resultados, que iso sempre dá confianza, pero isto acaba de empezar

Irene Ferreras pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

A adestradora deportista, na semana de volta á competición en Primera Federación Iberdrola, advertiu que o partido deste domingo 1 de outubro en Pradoviejo ante o DUX Logroño (17:00 horas) "vai ser moi complicado ante un moi bo equipo, na súa casa".

A pesar destes 2 triunfos branquiazuis en 2 partidos lembra que "isto acaba de empezar. Non é significativo tanto o noso arranque como que elas estean con cero puntos porque, visto os partidos que disputaron, competiron moi ben. Estivo en pequenos erros, pequenos detalles o que lles privou da vitoria ou de sacar algún punto".

Insiste que "está moi ben empezar con bos resultados, que iso sempre dá confianza, pero isto acaba de empezar. Imos estar tranquilas, mirar só ao DUX, pór toda a nosa enerxía niso e ir preparadas para sobrepornos a calquera situación".

Irene Ferreras admite que Pradoviejo, un dos escenarios nos que se escapou o ascenso á liga F a temporada pasada, "lémbranos ese final amargo pero o pasado é pasado. Agora a pensar en presente, é unha nova temporada. Todas esas experiencias dixerímolas, axudáronnos a aprender e a crecer. Agora a pensar en presente. É un contexto diferente: está a temporada arrincando e a nivel emocional é algo totalmente diferente".