RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Irene Ferreras: Estou contenta porque o equipo ten esa homoxeneidade, o nivel mantense, temos xogadoras interesantes que veñen desde abaixo

Irene Ferreras mostrouse "moi contenta" finalizada a XI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino en ABANCA-RIAZOR: "A min facíame moitísima ilusión gañar hoxe. Pilláranos o primeiro partido de pretemporada. Gústache sempre vir máis preparado porque a nivel condicional fáltanos rodarnos. Pero déusenos ben, víronse boas intencións sobre todo".

Admite que "aínda que houbese pequenos erros, é normal a estas alturas. Quedo coas intencións das xogadoras, con que se van adquirindo as cousas que imos adestrando e con levarnos o Trofeo Teresa Herrera que nos facía moita ilusión".

Neste sentido, a adestradora branquiazul opina que este partido en ABANCA-RIAZOR xogouse "nun escenario moi bonito e a experiencia é preciosa".

Lembra que o resultado "importante é o da liga cando valla 3 puntos pero as boas dinámicas en pretemporada tamén axudan. Hai que mirar máis aló do resultado, como se conseguiu; e para nós gañar hoxe era importante porque é un trofeo moi importante e facelo da maneira que o fixemos. Durante gran parte do partido fomos mellores, puideron participar todas as xogadoras, estou moi contenta co rendemento porque non é fácil saír aí, con este escenario e facelo como o fixeron. Voume contenta, satisfeita". "Non hai que lanzar as campás ao voo, pero mellor empezar así", conclúe.

Irene Ferreras subliña que o partido "era para probar cousas, xuntar a xogadoras que poden ser interesantes para ver que relacións dábanse. É importante agradecerlles ás futbolistas o esforzo que están a facer durante a pretemporada. O partido de hoxe era especial, que se todas podíanse levar o premio de vivilo desde dentro, e o resultado e o momento do partido permitíano, había que dar esas oportunidades. Estou contenta porque o equipo ten esa homoxeneidade do cadro, o nivel mantense, temos xogadoras interesantes que veñen desde abaixo. Puiden rotar. É un deses días nos que che sae todo rodado e é fácil tomar as decisións nos cambios".