RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Irene Ferreras ve ás súas xogadoras con máis enerxía coa que se foron

Irene Ferreras subliñou na sala de prensa de Abegondo que "as futbolistas viñeron con máis enerxía coa que se foron. Viñeron con ganas de seguir con esa boa dinámica".

Insiste en que no segundo tramo da temporada que comeza o domingo 7 de xaneiro en Abegondo ante o CD Alba Fundación Femenino (12:00, Youtube RC Deportivo) "as mozas están moi concienciadas do importante que é arrincar ben despois do Nadal. É verdade que estas épocas son complicadas sobre todo aquí en Galicia, no que a climatoloxía é adversa. Tivemos moita choiva, o campo en malas condicións debido a todo isto. E onte fixeron elas o adestramento porque non era nada fácil facer o que se lles pedía coas condicións que tiñamos".

A adestradora deportivista ve ás súas xogadoras "con moitas ganas de competir o domingo. A mensaxe foi claro desde que chegaron: imos gozar do día a día, imos seguir facendo as cousas ben e imos querer facelo mellor. Temos que velo con esa valentía e aproveitar este tramo da temporada porque estamos a vivir un momento bonito. Estamos a tentar ser conscientes de todo iso".

Do rival, o CD Alba Fundación Feminino, Irene Ferreras apunta que "defensivamente é un equipo moi traballado. Ten claro o que quere, péchache moito por dentro, bascula moito, deixa moi pouquiño espazo".

Pide "entender ben as zonas polas que progresar e como facelo, como xerar esas situacións de chegada a área. O CD Alba Fundación Femenino ten xogadoras na súa última liña con moito gol, moi incisivas. Imos ter que estar moi concentradas para controlar todo tipo de transicións. Destaco os argumentos a balón parado. É un dos mellores equipos da liga nese sentido. Máximo respecto, tentar minimizar esas opcións que teñan de facernos dano e atoparnos no partido canto antes para que salga a relucir esa identidade que estamos a mostrar aquí en Abegondo, e podamos sacar os 3 puntos".