RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Iván Barbero e Jaime, novidades na volta ao traballo do Dépor

Iván Barbero foi unha das novidades no regreso ao traballo do Dépor nesta fría mañá en Abegondo.

O dianteiro deportivista, lesionado no seu xeonllo o pasado 16 de setembro de 2023 en Salamanca, volve traballar co resto dos seus compañeiros.

Do mesmo xeito que Jaime, o dianteiro completou unha sesión baseada nunha activación con rondos e un xogo de posición con porterías pequenas.

Están con adestramento personalizado Villares, Jose Ángel e o canteirán Martín Ochoa; ademais de Retuerta, en repouso deportivo.

Pola súa banda, Mella, Rubén, Jairo, Iano Simão, Álvaro Santamaría e Puerto foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá martes, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo e seguir así coa preparación da visita á Cultural Leonesa prevista para o domingo 14 de xaneiro ás 18:00 no Estadio Reino de León (FEF TV).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK