RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Jaime únese ao grupo na primeira sesión de adestramento do mes de abril

Jaime Sánchez foi a novidade no adestramento do Dépor desta mañá en Abegondo, primeiro deste mes de abril.

O central deportivista completou con normalidade todo o traballo, consistente nunha activación con rondos, unha tarefa de posición con porterías pequenas e fútbol reducido, de alta intensidade no que xa non participaron os titulares na Malata o pasado sábado.

Escudero realizou parte da sesión co resto dos seus compañeiros; mentres que se exercitaron cos readaptadores, Alejandro Canosa e Nando Rodríguez: Rafael Obrador, Mella e Gauto, con Ximo Navarro en repouso deportivo.

Alberto e Álvaro Mardones foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores Os Nosos continúan coa preparación da seguinte cita ligueira, a visita do Cádiz CF a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 6 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).