Jose Ángel: "Hai que darlle moito valor ao que o equipo está a conseguir e conseguiu a día de hoxe"
José Ángel manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "tentamos mellorar cada semana. Mesmo cando tivemos a xeira tan boa de 7 partidos incluíndo os de Copa analizabamos e mellorabamos cousas. E témolas que mellorar que o outro día perdemos. Estamos contentos co camiño que estamos a facer e hai que darlle moito valor ao que o equipo está a conseguir e conseguiu a día de hoxe porque non é fácil nesta Segunda División estar nos postos que estamos. Hai exemplos doutros equipos que nin se achegaron a estes postos".
Da Real Sociedad B, rival este sábado 13 de decembro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, o mediocentro deportivista afirma que "é un bo equipo, que ten xente nova, con calidade como todos os filiais, con xogadores preparados para dar o salto ao primeiro equipo. Esperamos un equipo con bo trato de balón, coas ideas moi claras, ben situados no campo. Tentaremos contrarrestar todo iso e facerlles dano coas nosas virtudes".
Finalmente a nivel persoal, Jose Ángel confesa que "sinto ben. O tema da lesión quedou atrás. Xa levaba tempo collendo minutos de adestramento co equipo. Tiven a oportunidade, empecei a xogar e atópome ben no campo, cada vez mellor. A mellor forma física dun futbolista gáñase con partidos. Cada vez estoume atopando mellor e tentando axudar sempre que teño a oportunidade".