RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Juan Carlos Escotet: "Imos facer do Dépor Training Center un centro de referencia internacional"

Juan Carlos Escotet Rodríguez asegura que "imos facer do Dépor Training Center un centro de referencia internacional, moderno, sustentable, inclusivo; que leve o noso nome todo o máis alto, sobre todo que sexa unha casa para todos os deportivistas".

Cualifica ao Dépor Training Center como "a obra máis importante do Club no século XXI. Non falamos só de campos e edificios, senón dunha declaración de intencións: dar raíces ao futuro do Dépor".

O Presidente do RC Deportivo lembra que "hai máis de 20 anos este Club tivo a ambición de crear unha cidade deportiva que marcase un precedente en Galicia e en toda España. Agora, cando estamos a comezar unha nova etapa de crecemento, renovamos ese soño cos máis altos stándares de excelencia".

Explica que "o proxecto se conformou a partir das mellores prácticas que o noso equipo foi recompilando por todo o mundo; e adaptando iso á nosa realidade e ás necesidades específicas do proxecto que queremos".

Juan Carlos Escotet Rodríguez afirma que ANOSACANTEIRA, "que procede das 4 provincias galegas, é a columna vertebral do proxecto. Pode soar a tópico, pero aquí non só formamos xogadores, formamos persoas. Os nenos que adestran aquí respiran desde o primeiro día a esencia do Dépor e os seus valores: perseveranza, coraxe, respecto á tradición pero visión para innnovar. Por suposto equidade, sustentabilidade, e a certeza que este proxecto é de longo prazo e quéreos acompañar e coidar en todo o seu desenvolvemento".

Sostén finalmente que "co Dépor Training Center en Abegondo, o camiño a ABANCA-RIAZOR será máis curto: detección temperá de talentos, plans de desenvolvemento integral e convivencia co primeiro equipo".