RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juan Carlos Menudo resalta na súa presentación que está a chegar ao vestiario "xente con moita fame, con moita ilusión"

Juan Carlos Menudo Domínguez (Sevilla, 18 de xuño de 1991) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

En primeiro lugar, o futbolista andaluz pousou para os medios gráficos co Presidente do Club, Antonio Couceiro, no campo principal da Cidade Deportiva. A falta da presentación das novas camisetas, que será nos próximos días, luciron unha das bufandas oficiais do Dépor.

Acto seguido, Juan Carlos Menudo respondeu as preguntas dos medios de comunicación. É consciente de "chegar a un club grande que por circunstancias está nunha categoría que non lle corresponde. Imos tentar todos, coa maior das ilusións e con traballo, facer as cousas ben para axudar ao Club a volver ao lugar que se merece".

No pouco tempo que leva en Abegondo puido apreciar no Club "un potencial moi bo en todos os estamentos. Tentaremos traballar, sobre o papel somos favoritos pero polo escudo non se van a gañar partidos nin se van a facer cousas sen traballo. Tentar traballar día a día, domingo a domingo. Tentar conseguir os obxectivos. Iso axudaranos a estar preto do que todos soñamos a final de temporada".

Asegura sentirse sorprendido "pola xente tan humana que hai no Club, a proximidade. E sobre todo o equipo que se está facendo, máis aló do tema deportivo. Creo que é xente que vén con moita fame, moita ilusión. É do que se trata nesta categoría. Hai moita xente con ganas de facer as cousas ben e entre todos axudar ao máximo".

Subliña Juan Carlos Menudo que "cando as cousas non saen (en referencia ao vivido a temporada pasada) hai que facer outras cousas distintas. Están a facerse as cousas ben porque se están utilizando xogadores da categoría, que sabemos o que é esta Segunda B, a Primeira RFEF. Vimos cunhas ganas, unha ilusión, unha fame que é o importante neste momento. Ímolo a necesitar. Virán momentos duros, momentos bos pero o ambiente que hai vainos a reforzar".

Finalmente, o novo centrocampista branquiazul apunta que Borja Jiménez "vén con moita ilusión. É moi novo pero desde primeira hora marcou unha pauta, unha liña a seguir, unha idea. É moi temperán pero pinta ben. Están a facerse as cousas ben. O míster está a crear un grupo que xere ilusión tanto fóra como aquí dentro".