RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Kevin Sánchez xógase mañá ante Georgia o primeiro posto do grupo de clasificación para o Europeo

O canteirán Kevin Sánchez está concentrado en Georgia coa selección española sub-19 con motivo dun mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa.

No terceiro e último partido, o combinado nacional enfróntase á anfitrioa Georgia, mañá martes 21 de novembro ás 15:00 (12:00 en Galicia). Ambos os equipos suman 6 puntos e por conseguinte xóganse a primeira posición do grupo.

A segunda cita para a sub-19 foi o pasado sábado 18 de novembro fronte a Chipre no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.

O futbolista branquiazul saíu ao campo após o descanso en substitución de Peio Canles Urtasun e empuxou para que o seu equipo lograse a vitoria cos tantos de Yanis Senhadji (minuto 48) e Siren Diao (minuto 88).

O primeiro rival de Kevin no torneo foi Moldavia o pasado mércores 15 de novembro tamén no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.

O atacante fabrilista foi nesta ocasión titular e anotou un do cinco goles do seu equipo, concretamente no minuto 75. Pouco despois, no 79, foi relevado por Olabarrieta.

O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 15 de novembro
ESPAÑA 5 - MOLDAVIA 0

Sábado 18 de novembro
ESPAÑA 2 - CHIPRE 0

Martes 21 de novembro
15:00 (hora local, 12:00 en Galicia): XEORXIA - ESPAÑA, no Mikheil Meskhi 2 Stadium

O mércores 22, o combinado nacional emprenderá o seu regreso a España.

Kevin Sánchez, que este verán renovou até 2028, é un xogador de categoría xuvenil que forma parte do cadro do Fabril en Segunda Federación, onde xa marcou 1 gol.

Debido a esta convocatoria, foi baixa no partido de liga do filial en Langreo do pasado sábado.