O Real Club Deportivo, o VfL Bochum 1848 e Vasileios–Konstantinos Lampropoulos chegaron a un acordo para o traspaso do central internacional grego ao equipo alemán no que xoga cedido desde principios de 2020.
O Real Club Deportivo quere desexar a Labro a maior das sortes na continuación deste proxecto profesional ao que se uniu o pasado mes de febreiro e agradecerlle o seu traballo mentres defendeu as cores do Dépor.