RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lía rematará a temporada na Coruña co Dépor ABANCA

Rosalía Muíño González "Lía" (A Coruña, 13 de febreiro de 2000), regresa á súa cidade natal para reincorporarse á disciplina do Deportivo ABANCA unha vez concluída a temporada nos Estados Unidos, onde estuda e xoga para o South Florida Bulls.

Lía arrincara xa esta temporada ás ordes de Manu Sánchez antes de regresar a terras norteamericanas en xaneiro. Até ese momento disputara 11 partidos, dous deles como titular, para sumar un total de 307 minutos e manterse ademais entre as xogadoras que máis veces vestiron a camiseta branquiazul: Gaby (112), Cris (110), Iris (102), Peke (101), Teresa Abelleira (92), Lía (83), Nuria (76), Kika (76), Alba Merino (71) e Michelle Romero (70).

Lía, que regreso a Galicia nos últimos días e xa puido ver en directo en Abegondo o partido contra o Espanyol, unirase ao traballo coas súas compañeiras na sesión de hoxe luns ás 10:30 h.

Formada na canteira do Victoria CF, foi unha das compoñentes do primeiro equipo do Dépor ABANCA cando se creou ao comezo da Temporada 2016-2017. A centrocampista completou tres temporadas no conxunto herculino antes da súa marcha a EEUU, nas que foi unha das futbolistas máis utilizadas por Manu Sánchez, xa que disputou 72 partidos, nos que marcou 13 goles. Ademais, a xogadora coruñesa formou parte do equipo que logrou o histórico ascenso a Primera Iberdrola ante o CD Femarguín, o 19 de maio de 2019.