RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - Levante UD

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste venres 14 de novembro (19:30) fronte ao Levante UD, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Colexio Nuestra Señora de Lourdes (ASPRONAGA), Dignidad Galicia e Hogar Sor Eusebia.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.