RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - AD Ceuta FC

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 23 de novembro (14:00) fronte ao AD Ceuta FC, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: ACCEM (Axuda ás Persoas en Risco de Exclusión Social), Asociación Participa, Asociación de Axuda e Atención ao Preso, Asociación Antonio Noche, Pastoral Peninteciaria, Fundación Social e Educativa Dignidade, Fundación Érguete Integración, Hospital de Día de Saúde Mental Oza, ASEM (Asociación de Apoio ás Enfermidades Neuromusculares) e BARBANTEA (Asociación de Trastornos do Especto Autista do Barbanza).

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.