RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas Noubi lembra que "a temporada é moi longa" e Mario Soriano, que "estamos na pelexa"

Lucas Noubi e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Estadio SkyFi Castalia.

O central belga cre que "empezamos ben. Tivemos ocasiones pero o primeiro gol sorprendeunos; o segundo tamén na segunda parte. Hai que seguir, quédannos 16 partidos, coa cabeza arriba e adiante".

Pide "ir con todo" a eses 16 partidos: "É unha temporada moi longa e temos que seguir".

Lucas Noubi resalta que o CD Castellón tivo "2 tiros e 2 goles. Nós tivemos ocasións para marcar. É o meu resumo do partido".

O defensa internacional viu en Castalia "a dous equipos cun 50% de posibilidades, dous equipos moi fortes".

Pola súa banda, Mario Soriano, protagonista dunha das ocasións máis claras para o Dépor, négase a cualificar o partido como un golpe duro porque "queda moito. Estamos na pelexa, a 4 e 5 puntos do ascenso directo, pero entre os 6 primeiros. Está todo moi igualado. Hai que seguir, levantar a cabeza e a por a SD Eibar ante #ANOSAFORZA".

Do partido ante o CD Castellón indica que "houbo moi poucos disparos. Foi un partido moi igualado. Os dous equipos queriamos apertar, gañar as segundas xogadas, un partido de ida e volta".

Finalmente o futbolista madrileño admitiu que co 2-0 "desaxustámonos moitísimo. Queriamos facer cousas que normalmente non facemos, atacar moi rápido. Eles encima defenden ben, apertan. Nas transicións fixéronnos dano. Sufrimos porque nos desaxustamos moito. Queriamos meter ese gol que nos metese no partido pero hai que ter máis calma, máis cabeza, circular de lado a lado e atopar a ocasión para poder meter ese gol".