RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Lucas Pérez e Inês Pereira recibiron o premio ao Xogador Estrella do pasado mes de novembro do Dépor e Dépor ABANCA

Lucas Pérez Martínez (10 de setembro de 1988, A Coruña) e Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999) máis coñecida como Inês Pereira, recolleron este mediodía na sala de prensa de Abegondo de mans de José Martínez, Relacións Públicas de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de novembro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante o Cartagena FC, SD Eibar, UD Almería, Sporting de Gijón e Cádiz no caso de Lucas Pérez; e Real Sociedad, RCD Espanyol e Sevilla FC no caso de Inês Pereira.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Yeremay, Mella e Lucas Pérez no caso do Dépor; e Ainhoa Marín, Vera Martínez e Inês Pereira no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Lucas Pérez foi o elixido no primeiro equipo masculino co 56,2 % dos votos dos afeccionados, por 27,2 % de Yeremay e 16,6 % de Mella. No apartado feminino, Inês Pereira impúxose por un axustado 46 % por 44,4 % para Ainhoa Marín e 9,7 % de Vera Martínez.

Ante os medios de comunicación, Lucas comenta que "é unha alegría, unha satisfacción que a xente recoñeza o teu traballo. Estou moi contento e moi orgulloso. Buscamos a mellor versión dun mesmo para o equipo e o feito de que cho recoñezan... Mentres sirva meter goles e dar asistencias para que o equipo gañe, benvido sexa".