RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucho García cualifica de "vitais" o seis partidos que restan e ve ao equipo "mentalizado" e "motivado"

Lucho García pasouse este mediodía pola sala de prensa de Abegondo.

Confesa que no vestiario hai "un sabor amargo por non podernos clasificar, por non poder tentar ese ascenso a Segunda A. Pero como di o míster, como din os meus compañeiros e como penso eu agora temos unha bonita oportunidade de loitar por algo que é subir á liga Pro. Iso é o máis importante".

O porteiro deportivista pide tomar esta segunda parte da competición "con responsabilidade, dalo todo porque agora mesmo é o obxectivo principal".

Por este motivo, advirte que quedan seis partidos "que son vitais para nós, nos que non temos que relaxarnos. Non existiu iso en ningún momento. Si é verdade que tiñamos esa ilusión de loitar nese play off. Pero agora mesmo temos outro obxectivo, cambiou a situación e temos que centrarnos no que nos toca, que é estar todos xuntos o máis arriba que podamos, sacar os partidos adiante para estar na liga Pro a temporada que vén".

Este domingo 4 de abril (19:00 horas, TVG) en ABANCA-RIAZOR ante o Marino de Luanco, Lucho García opina que "hai que empezar con bo pé. O equipo está mentalizado, estamos a adestrar moi ben. As sensacións son boas. Durante estes partidos vimos facendo un gran xogo. Hai que seguir nesa liña. O equipo está motivado, absolutamente todos no cadro estámolo. Temos moita ilusión, imos dalo toda esta fin de semana e a empezar con bo pé".

Laméntase de non acceder á fase polo ascenso porque "#ANOSAFORZA tiña o anhelo de poder conseguir. Agora mesmo o que toca é ilusionarnos co que temos nas nosas mans, que é subir á liga Pro. O primeiro que temos que centrarnos é no día a día, seguir ilusionandonos por cada partido que nos veña. Agora tócanos o domingo un gran partido e temos que saír a dalo todo, facer un bo traballo como vimos facendo".

Na primeira fase da competición, Lucho García lembra que "tivemos xeiras boas, xeiras malas. A nivel persoal non tiven a sorte de ter todos os minutos que quixese. Púidolle saír mellor ou peor as cousas ao equipo pero sempre houbo entrega por parte de todos os compañeiros, do adestrador e todo o staff. Agora que estamos nun bo momento, agora que o equipo está a xogar ben, estou agradecido por poder estar aí e poder axudar ao equipo. A miña mensaxe vai ser sempre de positivismo, de ánimo ao equipo. Moi motivado polo que vén agora. Son partidos importantes. Estamos a xogarnos subir a unha categoría que vai ser importante".