RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucho García pide o sábado estar "súper concentrados, ter coraxe, valentía"

Lucho García pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O meta colombiano advirte que este sábado 20 de febreiro na Malata ante o Racing de Ferrol (19:00 horas, TVG) "temos unha final máis. Temos que estar súper concentrados, ter coraxe, valentía e facer as cousas ben desde esta fin de semana que vén".

Cualifica a vitoria nesta xornada como "crucial. É o partido máis importante que temos este ano porque é o que nos toca agora mesmo. É unha final porque nos vai a afianzar en que estamos a facer ben o traballo. O míster tamén vén facendo un traballo e merécese outra vitoria máis. Afianzar ese traballo que vimos facendo toda a semana que se cadra non se viu reflectido no terreo de xogo ou nos resultados cos anteriores equipos. Conseguir a segunda vitoria seguida vainos a axudar moitísimo".

Titular o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o CD Guijuelo, conta os momentos previos a ese encontro: "Falei co míster e díxenlle que independentemente do plan que el tivese de sacarme ou non de titular, eu quería ir convocado. El preguntoume como me vía. Eu díxenlle que se me tiña que quitar a máscara e xogar sen a máscara, o que sexa. Grazas a deus púidenlle convencer. O doutor axudoume moito. Estou moi feliz porque saíron todas as cousas ben. É verdade que tes o temor de se danche. Eu elixín ser valente, se a teño rota que ma rompan outra vez. Non pasa nada se era polo equipo".

Séntese "moi agradecido pola oportunidade que me deu o míster. Vin traballando durante moito tempo para que se me dese. Espero que con traballo, coa ilusión que tento poñer en cada adestramento póidase repetir. Vin traballando durante unha chea de tempo para que se me dese ese día. O único é que estou agradecido, estou feliz".

Durante o choque quixo "estar concentrado en todo momento. Por iso tentaba falar en cada instante aos meus compañeiros. A miña maneira de concentrarme e non deixarme levar polo medo ou outras emocións durante o partido é iso, falar aos compañeiros, avisando as marcas... Iso axúdame a pensar noutra cousa. Nin miraba o marcador nin o tempo que quedaba. Só centrábame na seguinte xogada, en estar pendente... En todo iso".

Tivo palabras Lucho García para Carlos Abad, o seu compañeiro na portería: "É un gran compañeiro. Faime mellorar cada día. Cando el sobe o nivel eu súboo máis. E cando o subo el tamén o sobe. Estamos para axudarnos. Na portería somos un, como adoitan dicir os porteiros".