RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Luís Rodríguez Vaz sabe que "xogar bonito" e perder conduce ao cemiterio<br>Por V.L.

O Raio Vallecano esgotou en Carballo a cota de goles ao seu favor. Alí marcou catro e onte en Riazor non foi capaz de conseguir un nin de penalti. Isto salvou en gran parte ...

...a este Deportivo mozo que aínda que gañou en Riazor, non se sabe do que será capaz cando teña que xogar por eses campos de Deus, onde os raparigos van telo moi cru porque ademais do rival de quenda terá que soportar aos públicos en contra...Onde estivo, pois, a clave do triunfo coruñés? Nun sesenta por cento o segredo estivo na nulidade atacante dos de Vallecas, e o corenta por cento restante debe anotarse...

...na conta de Rodríguez Vaz, que fixo ao revés do que ordenou Beenhakker no Bernabeu. O técnico coruñés sabe hai tempo que en fútbol o que termina impondo a súa lei é a suma dos puntos. Cedelos xogando bonito leva a un ao cemiterio...Tampouco é conveniente esaxerar a conquista de dous puntos que para os coruñeses facían máis falta que un vaso de auga ao sediento.