Albert Luque mostrouse apenado esta mañá polo resultado ante o Osasuna "perdemos dous puntos nunha xornada importante porque fallaron os de arriba e na que non podiamos fallar" pero o xogador non o achacou ao cansazo físico pola cantidade de partidos "o e
Luque asegurou "nós o que queremos é gañar sempre, pero onte ata o gol parece que non nos metemos no partido..."
En canto ás protestas dos afeccionados comentou "a afección, cando se puxo a berrar, algo de razón tiña. Iamos 1 a 1, faltaban cinco minutos e tiñamos que gañar..."
En canto ao seu non entrada como titular tamén dixo "ao xogar pouco nótome non tan ben como antes, tento manterme pero custa cada vez máis pero espero ter máis oportunidades" e engadiu "estou con moita ilusión e ganas de facer moitas cousas e se hai poucas oportunidades hai que tentar aproveitalas."