RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez márcase como meta "recuperar as nosas sensacións para dar unha alegría a #ANOSAFORZA"

Manu Sánchez manifestou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo que o Sevilla FC, rival de mañá domingo (19:00 horas), é "un equipo moi traballado, cunha dirección técnica clara, unha procura da verticalidad, apertar, agresividade con balón. Buscan moi ben os seus puntos fortes. É un equipo que nos vai a presentar unha batalla dura. Está afeito traballar e a disputar os seus encontros en herba natural. Elas veñen do descanso forzoso. Nós non. Pero non ten porqué ser unha escusa".

O técnico blanquizul pide "ese momento de atoparnos a nós mesmas. É o que máis nos preocupa". Advirte que máis aló do Sevilla FC, "o que máis nos preocupa é o que podamos desenvolver como equipo. Tentar impor o noso xogo, o noso estilo. Non caer no xogo do Sevilla que buscará un partido con transicións moi rápidas, con verticalidade, na procura da portería contraria. Tentaremos limitar todo iso e impor o noso xogo, o noso estilo".

Apunta Manu Sánchez que o Deportivo ABANCA ten "un recordo moi bonito a última vez que xogamos en ABANCA-RIAZOR (en Copa da Raíña ante a Valencia CF). É o que buscamos: recuperar as nosas sensacións para darnos unha alegría, para darlle unha alegría a #ANOSAFORZA e mirar un pouco para arriba".