RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manu Sánchez: "Temos que facer valer Abegondo, o noso terreo de xogo; e que nos xogamos bastante máis"

Manu Sánchez manifestou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo ABANCA encara o partido de mañá domingo 2 de maio na Cidade Deportiva ante o Madrid CFF (11:30) após recibir "un golpe duro" co empate (1-1) fronte á Valencia CF Feminino a pasada fin de semana despois de ir por diante moitos minutos no marcador e de fallar innumerables ocasións de gol: "O duelo pasámolo o domingo. O luns serviu para limpar a mente e durante a semana non incidimos moito no que ocorreu, deixando que as futbolistas se mentalicen do novo partido que temos por diante".

O técnico deportivista recalca que respecto ao comezo de temporada "cambiamos moitas cousas e cambiamos comportamentos e posicionamento no balón parado defensivo. Matizamos catro cosas. O importante é que elas crean no que están a facer e así o cren".

Sostén que o Deportivo ABANCA "debe levar o partido aos nosos intereses. O Madrid CFF está a facer unha temporada espectacular. Estamos a falar dunha dos cadros máis sobresalientes da liga. Tres das catro dianteiras titulares da selección brasileira son as súas xogadoras. Futbolistas como Pricila, Ronsel, Pilar... Podería destacar practicamente a todas. É un equipo que se está enchufado é moi difícil de superar. Acabámolo de ver. Veñen de eliminar a todo un Real Madrid CF na Copa da Raíña".

Por todo iso, Manu Sánchez conclúe que o encontro de mañá é "complicado pero temos que facer valer Abegondo, o noso terreo de xogo e que nos xogamos bastante máis que elas. Iso ten que prevalecer e notarse no campo".