RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "A nós gústanos vernos ahi arriba pero sen esquecernos do que estamos a buscar, a formación"

Manuel Pablo non ocultou na sala de prensa do Dépor Training Center que os seus xogadores, líderes da Segunda Federación neste inicio da segunda volta do campionato, "están moi ilusionados. Loxicamente a nós gústanos vernos ahi arriba pero sen esquecernos do que estamos a buscar, a formación".

Neste sentido, reitera que "a competición é unha gran parte da formación pero tampouco podemos centralo todo niso porque hai outros aspectos tácticos, técnicos, de constancia, de actitude que non podemos esquecer".

O técnico deportivista insiste en que "é mellor mirar sempre cara a adiante e cando esteas noutra posición buscarás solucións. Trabállase mellor cando as cousas van saíndo, cando tentas ser reconocible e os xogadores síganche".

Do UP Langreo, rival este domingo 18 de xaneiro ás 17:00 no Nuevo Ganzábal, advirte que "cambiaron de adestrador (o ex deportivista Manel Menéndez relevou a Pablo Acebal). Imos non sabendo como poden dispor o campo. É nun campo no que a afección aperta forte", apostila.