RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo admite falta de acerto no Fabril

Manuel Pablo admitiu na sala de prensa do Dépor Training Center que "nos está custando gañar en casa. Se non somos capaces de estar acertados os rivais están a collernos a onda. Está a faltarnos ese acerto".

Iso si, asegura que "imos seguir na mesma liña. Está a custarnos o acerto. Estamos a xerar ocasións en ataque para poder facer goles e non nos van a regalar nada".

Do Real Ávila CF, rival este domingo 21 de decembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no Dépor Training Center, opina que "a pesar dos seus resultados fóra de casa, está a facer as cousas ben".

Do expediente disciplinario aberto ao Club pola denuncia do CD Numancia de aliñación indebida de Hugo Torres a pasada fin de semana en Los Pajaritos, foi tallante o técnico fabrilista: "Sabiamos que podía pasar. Avisáronnos. O tema está nos nosos avogados, que están a traballar niso. A nivel deportivo, e como ex xogador, non entendería que esta situación nos prexudicase porque fixemos un gran esforzo, competimos moi ben e os rapaces fixeron un gran partido para levar os 3 puntos".

Conclúe este tema ao afirmar que "non está nas nosas mans e por tanto témonos que centrar no que vén".