RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
Xuvenil-A

Manuel Pablo, após o 0-0 da ida, vaticina un partido en Sevilla difícil, pero vimos aquí que podiamos igualalos

Manuel Pablo pasouse pola sala de prensa de Abegondo a poucos días de visitar ao Sevilla FC no partido de volta dos cuartos de final da Copa de Campións.

O técnico do Xuvenil A lembra do 0-0 da ida do pasado domingo que o equipo andaluz "defende moi forte e viuse aquí, pero foi un partido bastante igualado e ningún dos dous puido sacar proveito".

Vaticina este domingo 19 de maio ás 12:00 no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva sevillista "algo igual. Supoño que eles subirán se cadra un pouco ou nos presionarán máis tempo e teremos que estar preparados para situacións iguais que as que en momentos vivimos aquí".

Non lle sorprendeu o Sevilla FC ao adestrador branquiazul: "Sabiamos máis ou menos que era un equipo con calidade, con verticalidad. A nosa saída de balón ao principio foi boa e iso se cadra fixo que a súa presión non fóra tan constante. A segunda parte si que o tentaron e tiveron un momento onde se cadra estiveron un pouquiño por encima de nós, como tamén houbo momentos que nós estivemos por encima deles. Foi un partido bastante igualado".

Advirte finalmente que o choque de volta será "difícil, pero vimos aquí que podiamos igualalos, que podemos competir contra eles e iso é o que esperamos no partido de alá".

/* Bot imbee */