RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo cre que o último empate "non xera ningunha dúbida"

Manuel Pablo admitiu que despois do empate en Villaviciosa o pasado domingo os xogadores "estaban demasiado cabizbajos para sacar un empate. Todos queremos gañar pero competíronnos ben. É certo que en ataque temos que buscar outras situacións cando se nos encerran os equipos pero despois de saír de alí o ánimo é alto sabendo que vén un rival que tampouco perdeu".

O técnico fabrilista asegura que esa igualada última, este sábado 25 de outubro ante o Oviedo Vetusta no campo Arsenio Igrexas (16:30, YouTube RC Deportivo) "non xera ningunha dúbida. O que xera dúbidas é o rival, que é bo, xoga moi ben, está a facer as cousas moi ben, por isto están aí. Vannos a competir, gústalle ter o balón. Teremos que estar tranquilos porque se cadra non somos tan dominadores como fomos na maioría dos partidos; estar ben colocados; e que non suframos só polo feito de non telo".

Advirte nesta liña que o filial ovetense "nos vai a obrigar a defender máis tempo que outros rivais e temos que estar preparados para iso".