RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo, "moi contento co rendemento deses futbolistas que non están a participar tanto"

Manuel Pablo afirmou na sala de prensa do Dépor Training Center estar "moi contento co rendemento no día a día deses futbolistas que non están a participar tanto". 

Espera no Anexo ao Estadio José Zorrilla este domingo 4 de xaneiro ás 12:00 fronte ao Real Valladolid Promesas un "partido disputado" ante un rival que "a pesar da clasificación (14º con 15 puntos) ten bos xogadores, con velocidade, coas ideas moi claras sobre todo en ataque".

A pesar de que os valisoletanos están na zona media - baixa da táboa, o técnico fabrilista advirte que "son capaces de crear ocasións. Teñen xogadores que están a subir co primeiro equipo e ás veces o equipo cambia".

Finalmente, Manuel Pablo lembra que, co Fabril á fronte da táboa, "queda moito. Está moi igualado, como moitas categorías hoxe en día. O crecemento dos xogadores é a través da competición. Sempre quixemos ser competitivos. Eu sempre quero mirar cara arriba. Despois a clasificación pódenos pór noutra realidade".

Conclúe que "estamos contentos co rendemento pero queda moito. O noso obxectivo non era estar aí en primeira posición nin ascender pero queremos ser ambiciosos porque cremos no crecemento do futbolista a través da competición".