RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo pide "aproveitar que aínda estamos un puntiño por encima dos equipos porque empezamos antes"

Manuel Pablo afirmou na sala de prensa de Abegondo que o Salamanca CF UDS, rival este domingo 21 de setembro ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) en Abegondo, "é un equipo con moita xente veterana, que sabe moito disto. Encima teñen capacidade con balón desde atrás, a liña defensiva repite do ano pasado máis Cristeto no medio". 

Destaca que o cadro salmantino "sabe xogar con balón, xuntándose moito. E sen balón o mesmo. É un equipo compacto, con bos xogadores".

O técnico fabrilista pide "meterlle ritmo. Temos que aproveitar que aínda estamos un puntiño por encima dos equipos porque empezamos antes. E iso aos poucos vaise a igualar".

Quere que o filial teña "a mesma idea que os demais partidos: tentar buscar situacións a través dos nosos movementos e sobre todo non precipitarse porque o Salamanca CF UDS é un equipo bastante compacto, que ten personalidade con pelota e se cadra non a temos tanto. Por iso hai que tentar que esas situacións non tan favorecedoras non nos prexudiquen".