RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Queremos que (os xogadores) non se durman, non se confíen, porque isto pode cambiar"

Manuel Pablo manifestou na sala de prensa de Abegondo que controla a euforia que poida existir no vestiario fabrilista polo liderado da categoría por 3ª semana consecutiva "coa esixencia do día a día nos adestramentos. Estamos moi encima deles e é o que queremos, que non se durman, que non se confíen porque isto pode cambiar".

Insiste en estar "centrados no que nos está levando a conseguir eses resultados e en ver que hai equipos que che poñen en dificultades. O outro día (ante o Salamanca CF UDS) non foi un partido fácil e que esta fin de semana (en Cantabria) tampouco o vai a ser".

O técnico fabrilista, do Real Racing B, rival este domingo ás 12:00 no Municipal de La Planchada en Astillero, pensa que "é un equipo compacto, con bos xogadores de mediocampo cara arriba, que xogan moi xuntos. Teñen baixas e imos ver como solucionan".

Admite estar preocupado polo estado do céspede porque "o último partido choveu moito alí e o campo quedou un pouco prexudicado".

Finalmente Manuel Pablo non oculta que "sumar sempre gústache e quítache das preocupacións do principio pero sempre estás encima dos xogadores, esixíndolles no día a día para tentar que, se chegan momentos malos, estar ben preparados e crer na idea que nos deu os triunfos".

Lembra que a temporada pasada "estivemos aquí en Abegondo non sei cuantos partidos sen gañar pero a idea seguía sendo a mesma. Hai rivais fortes, non estás acertado un día e non pasa nada. Hai que seguir coa mesma idea e a mesma esixencia. Está todo empezando pero prefires non estar preocupado pola puntuación", conclúe.