RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Traballei desde sempre buscando un estilo de xogo que se achega máis ao fútbol profesional que o resultado"

Manuel Pablo recalcou este venres na sala de prensa do Dépor Training Center en "estar atentos os máximos minutos posibles porque calquera equipo che pode dar un susto. É verdade que dominas, tes oportunidades pero se non tes o acerto os partidos están moi abertos".

Precisamente no encontro da pasada fin de semana ante a SD Sarriana "tivemos unha fase na que estivemos despistados. Iso custounos o empate e logo ir con présas. Pódenseche escapar resultados por esa tensión".

Do Marino de Luanco, rival deste domingo 15 de febreiro ás 17:00 no campo de Miramar, o técnico fabrilista destaca que "ten xogadores veteranos, con calidade pero preocúpame moito máis o estado do terreo de xogo. Eles tentan xogar cando van a outros campos, ter a pelota; pero alí vai ser complicado darlle continuidade ao balón porque nos últimos dous partidos xa desde a primeira parte estaba moi embarrado, os xogadores caen sós. É difícil para a práctica do fútbol. Encima con perigo porque o terreo de xogo está bastante mal".

Así pois, considera "temos que adaptarnos, buscar outras situacións. É unha situación extraordinaria".

Finalmente, co equipo líder da categoría Manuel Pablo asegura que "para min segue sendo máis importante o como, como traballas no día a día, como formas aos xogadores. Gañar e que haxa malos comportamentos non me vale, ou deixamento. Iso non o vou a permitir. Témolo todo claro en ANOSACANTEIRA. A través de como queres xogar chega o resultado".

Confesa que non estar obsesionado "nin con gañar nin con quedar primeiro. Traballei desde sempre buscando un estilo de xogo que se achega máis ao fútbol profesional que o resultado. Loxicamente a competición é unha gran parte da formación pero non é o único".

Nesta liña, apunta que "están máis obsesionados os xogadores con esa posibilidade de ascender que eu. Para min o principal é mostrar as ideas que temos, mostrar a proximidade cara ao que queremos. Esa presión alta, ritmo alto, xogar a pelota é o que se ve no fútbol profesional. É o que busco, máis que o resultado".