RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Marín únese aos DéporCampus Cabreiroá

O Estadio Municipal de San Pedro foi o escenario no que o pasado martes 18 de xuño tivo lugar a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Marín, unha das novas sedes deste ano.

Paqui García, presidente do EF Villa de Marín; Pato Fernández, coordinador do EF Villa de Marín; Óscar Maceiras, coordinador e adestrador da actividade; Antonio Caiña, concelleiro de deportes de Marín; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo, acudiron á devandita presentación.

A actividade desenvolverase entre os días 15 e 19 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O propio Estadio Municipal de San Pedro será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Marín e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 9 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.