RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marina Artero e Raquel García serán as protagonistas este mércores ás 18:30 en Marineda City

As futbolistas do Dépor ABANCA Marina Artero e Raquel García visitarán Marineda City este mércores 5 de febreiro ás 18:15 para ter un encontro con afeccionados e afeccionadas.

As Nosas estarán a disposición de #ANOSAFORZA no corredor de deportes do centro comercial, na zona de videomarcador fronte á Déportienda. Os clientes de Marineda City poderán coñecer á centrocampista e á defensa, fotografarse con elas e pedirlles autógrafos. 

Previamente ao encontro coa afección haberá un meet&greet das futbolistas coas nenas gañadoras do sorteo que puxo en marcha nas súas redes sociais o centro comercial.

Neste acto, as 11 afortunadas terán a oportunidade de charlar coas xogadoras e preguntarlles sobre a súa carreira como deportistas profesionais, ademais de facerse fotos.

Esta iniciativa, destinada a dar visibilidade ao fútbol feminino e contribuír ao fomento das vocacións, enmárcase na acción 'Marineda Experience x Dépor ABANCA', na que as 11 nenas gañadoras do sorteo, ademais de gozar do encontro coas xogadoras, poderán asistir a un adestramento para coñecer as dinámicas que desenvolve un equipo de Primera División, disporán de entradas para o que queda de temporada e terán unha camiseta asinada. 

O pasado 15 de decembro, Marineda City e o RC Deportivo uníronse con motivo do partido contra o Real Madrid CF. No trascurso do mesmo proxectouse nas pantallas de ABANCA-RIAZOR 'El otro marcador' para reflectir a realidade do fútbol feminino en datos.

E ao comezo do encontro, 6 xogadoras saltaron ao campo con camisetas que lucían a cifra de mulleres e nenas federadas no fútbol feminino.