RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Marineda City acolle este mércores 24 a presentación dos novos equipamentos do RC Deportivo

Como cada ano, este mércores 24 de setembro ás 19:00 horas Marineda City acollerá a presentación da nova colección Kappa do Real Club Deportivo para a temporada 2025-26, cos diferentes equipamentos que lucirán xogadores e xogadoras do Dépor, Dépor ABANCA e Dépor Genuine.

A cita será na planta 2 de Marineda City, e os afeccionados poderán coñecer en primeira persoa a xogadores como Mario Soriano, Mulattieri, Stoichkov, Lucas Noubi, Luismi Cruz, José Gragera, Miguel Loureiro, Quagliata, Bachmann, Merle Barth, Espe Pizarro, Colette Cavanagh, Marisa García, Olaya, Inês Pereira e Marina Artero.

Tamén haberá representación de ANOSACANTEIRA con Álex Marqués, Héctor Areosa, Carmen Carballada e Michi Apóstol; e do Dépor Genuine con Álex Rei, Mamadou e Víctor Vales.

Os asistentes poderán conseguir premios oficiais como camisetas e balóns asinados, así como abonos para a temporada 2025-26.

O evento contará cunha actuación especial de freestyle de rap por parte da plataforma GN (Gallos del Norte), un proxecto social galego de referencia na escena do freestyle inclusivo e a música urbana, que traerá toda a súa enerxía e habilidades líricas para contaxiar ao público.