RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Marino de Luanco e Fabril anúlanse en Miramar

-Foto: Néstor Vega

 

O Fabril sumou 1 punto (0-0) ante o Marino de Luanco este domingo 15 de febreiro no campo de Miramar, en partido correspondente á 23ª xornada en Segunda Federación.

Con este resultado, idéntico ao da primeira volta disputada no campo Arsenio Iglesias, o conxunto de Manuel Pablo suma 46 puntos á fronte da táboa, igualado iso si co Oviedo Vetusta.

Estiveron dispoñibles todo o cadro salvo os lesionados Damián Canedo e Malick.

Así mesmo, o técnico fabrilista puido contar con futbolistas que se adestran habitualmente no primeiro equipo, caso de Bil e Noé.

O partido foi moi disputado nun terreo de xogo moi afectado polo mal tempo, tal e como afirmou xa antes de desprazarse Manuel Pablo.

Empezou ben o Fabril.

Aos 26 segundos, o colexiado do encontro, Alberto Sánchez, anulou un tanto a Dipanda por fóra de xogo do canteirán.

A seguinte oportunidade para os de Manuel Pablo foi obra de Enrique Fernández case á media hora. Atallou seguro o porteiro do Marino de Luanco Dennis.

Óscar Fernández tivo nas súas botas o 1-0 cun disparo por encima do traveseiro da portería de Hugo Ríos.

O futbolista asturiano aproveitouse dunha perda da defensa fabrilista.

Con 0-0 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios o partido seguiu coa mesma tónica: moita igualdade e poucas oportunidades de gol.

Manuel Pablo move pezas. Mane e Manu Ferreiro relevan a Íker Vidal, que regresaba despois da súa lesión, e Garrido.

Pouco despois, e ante un Marino mellor adaptado ao partido, Nájera substitúe a Dipanda.

Tentou apertar o Fabril en busca do triunfo pero faltou precisión e acerto para pór en apertos a Dennis.

O vindeiro domingo 22 de febreiro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo), o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias ao CD Numancia de Soria.

Marino de Luanco: Dennis, Borja, Orfila, Tomás, Tito Leiva (Basurto, min. 46), Óscar Fernández (Samu Pérez, min. 83), Guaya, Talarn (Dailos, min. 66), Marcos Fernández, Berto (Marti, min. 83) e Íñigo (Pelayo, min. 83)

Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu Fernández, Vilela, Íker Vidal (Mane, min. 65), Mario Hermo, Garrido (Manu Ferreiro, min. 65), Enrique Fernández, Dipanda (Nájera, min. 75), Noé e Bil

Árbitro: Alberto Sánchez, do comité castelán-leonés. Amoestou a Guaya (min. 12), Dipanda (min. 14), Borja (min. 34), Talarn (min. 54), Marcos Fernández (min. 65), Tomás (min. 87) e Basurto (min. 89)

Incidencias: partido disputado no campo de Miramar en Luanco