RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Mario Soriano e Ainhoa Marín recibiron o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro

Mario Soriano Carreño (Torrejón de Ardoz, 22 de abril de 2002) e Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001), esta por segunda vez consecutiva, recolleron esta mañá na sala de prensa do Dépor Training Center de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de outubro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante o UD Almería, Málaga CF, Real Racing Club e Real Valladolid CF no caso de Mario Soriano; e Alhama CF, DUX Logroño e Atlético de Madrid no caso de Ainhoa Marín.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Germán Parreño, Yeremay e Mario Soriano no caso do Dépor; e Ainhoa Marín, Inês Pereira e Millene no caso do Dépor ABANCA.

 

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Mario Soriano foi o elixido no primeiro equipo masculino co 42% dos votos dos afeccionados, por 38% de Yeremay e 20% de Germán. No apartado feminino, Ainhoa Marín impúxose co 40% por 32% de Millene e 28% de Inês Pereira.

Os futbolistas verbalizaron o seu agradecemento polo premio en palabras de Ainhoa Marín: "Hai que darlle as grazas a Estrella Galicia por permitirnos estar aquí".