RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marisa García ve ao Dépor ABANCA "crecendo moito" e "preparándose moi ben para un ano bonito"

Marisa García, autora de dúas tantos no Trofeo Teide en La Orotava, cre que ante o Costa Adeje Tenerife "fixemos un partido moi completo. Fomos crecendo e controlando ben os momentos do partido. E de cara a porta estivemos acertadas e é o que nos deu a vitoria".

A dianteira deportivista, que suma 4 goles nesta pretemporada, asegura atoparse "con moita confianza. O corpo técnico e o equipo está a acollerme moi ben e iso está a ser a clave. Agora a seguir e a por máis".

Finalmente ve ao Dépor ABANCA nesta pretemporada "crecendo moito. Estamos a ser máis protagonistas con balón, que é o que buscabamos. Estamos a nos preparar moi ben para un ano bonito".