RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Massimo Benassi cre que subir a Segunda División é fundamental para nós, para o noso plan estratéxico

Massimo Benassi, Director Xeral do Club, subliñou que este ascenso "é fundamental para nós, para o noso plan estratéxico que esperamos presentar antes de final de temporada. Empezamos a traballar en Abegondo. Se todo vai ben empezaremos en ABANCA-RIAZOR. É fundamental volver ao fútbol profesional, algo que a cidade e o Club esperaban desde hai moitísimo tempo. Estamos noutra dimensión. A Liga cambiou moitísimo nestes últimos anos e temos que estar á altura do que é A Liga agora".

Deu as grazas a "toda a #ANOSAFORZA, que é o noso maior tesouro. Estamos sen palabras. É difícil asumir e procesar todo iso pero ímolo a facer porque o que fixeron durante toda a temporada temos que devolvelo o ano que vén. É unha responsabilidade enorme e imos seguir traballando máis para deixar ao Dépor onde se merece".

Confesa que o de onte "foi o partido máis tranquilo de todos. Non tiven que baixar no descanso (con sorriso). Entón foi tranquilo. Os xogadores transmitíronnos esa tranquilidade e para nós foi fundamental".

Finalmente, Massimo Benassi desvela que "o mércores pasado estivemos na liga, nunha reunión cos clubs que teñen potencial matemático de poder ascender. Avanzamos algúns temas con eles, non só desde o punto de vista de mercado, que é un tema que terá que ver Fernando (Soriano); senón desde o punto de vista institucional e de orzanización do Club. Temos mes e medio para prepararnos moi ben. Non teño dúbida que coa estrutura que temos ímolo a facer".