RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro, ante o seu debut coa selección española sub-15

Mauro Valeiro Méndez (1 de setembro de 2009, A Coruña), futbolista do San Tirso SD Cadete, está concentrado coa selección española sub-15 para disputar dous partidos amigables ante Suíza.

O canteirán deportivista (na foto na fila de abaixo o terceiro futbolista empezando pola esquerda) incorporouse á disciplina do equipo nacional onte domingo 2 de xuño en Madrid para, hoxe luns, desprazarse a Zurich.

O primeiro dos dous partidos, que podería supor o debut de Mauro con España, será mañá martes 4 de xuño a partir das 18:00 no Sportzentrum Heerenschürli da cidade suíza.

O calendario de partidos da selección española é o seguinte:

Martes 4 de xuño
18:00: SUÍZA - ESPAÑA, no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich

Xoves 6 de xuño
14:00: SUÍZA - ESPAÑA, no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich

O centrocampista do San Tirso SD Cadete xogou esta temporada 32 partidos na División de Honra, deles 28 como titular; e anotou 6 goles. O seu equipo logrou o obxectivo da permanencia varias semanas antes de concluír a liga.

Mauro Valeiro únese á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.