RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mfulu pide "valorar o punto" e Diego Gómez ve ao Dépor "no camiño adecuado"

Omenuke Mfulu e Diego Gómez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro francés cualificou o partido "moi complicado ante un rival que se xogaba moito. Nós tamén. Non estivemos cómodo co balón. Sen balón foi tamén complicado. Foi un partido un pouco raro pero sacamos 1 punto e a seguir para adiante".

Pide "nesta categoría valorar todos os puntos. É 1 punto merecido polos dous equipos e hai que valorar cada punto".

A nivel individual, e despois de saír de inicio en substitución do sancionado Jose Ángel, confesou Mfulu que "tiña ganas de xogar. Teño marxe de estar mellor fisicamente. Estou contento por volver xogar en ABANCA-RIAZOR".

Pola súa banda, Diego Gómez, que relevou na segunda parte precisamente a Mfulu, opina que "1 punto en ABANCA-RIAZOR sábenos a pouco. Darlle as grazas a #ANOSAFORZA que até o último momento deunos ese plus para tentar marcar o primeiro gol".

O futbolista ourensán cre que ao Dépor faltoulle "lucidez. Hai días que estás mellor que outros. Hoxe non estivemos moi ben".

A nivel persoal fala de "boas sensacións, de achegar ao máximo ao equipo. Con esforzo acaba chegando a recompensa. Estamos no camiño adecuado".

Asegura que Os Nosos "imos ir cada partido a gañar, a conseguir os 3 puntos. Non pensamos para nada na salvación nin no play off senón en gañar todos os partidos. Ao final xa faremos contas".